Skip to main content

Thread: Afinando dicionarios lusofonía Ubuntu 10.04


veño de instalar hai uns días o ubuntu 10.04 en galego, e quería aproveitar para afinar o soporte lingüístico para noso mundo lusófono. alguén pode achegar algo destes temas:

1.- os dicionarios de galego rag/ilga estanme traballar, e responden á norma en vigor. o editar nesta mesma xanela "espazo" dáa como boa, mais non subliña "espacio" como incorrecta.

2.- para o portugués, despois de instalada esta lingua, vexo que cada unha das escollas locais (portugal e brasil) seguen ir pola súa banda, e por tanto non están actualizados ao acordo ortográfico internacional de 1990 (que entrou en vigor este ano).

por exemplo, nesta mesma xanela, dependendo da escolla que faga de portugués (portugal ou brasil), sinálame "actos" como correcto en portugal e "atos" en brasil. no acordo é "atos".

3.- non fun quen de instalar ferramentas para o galego reintegracionista (agal). tiña os ficheiros pt_gz .aff e .dic manual galego de língua e estilo (m. castro) e polo que vin por aí xa non se poden instalar igual que antes no ubuntu 10.04 e no oo 3.x.

tentei tamén instalación desta variante proposta por ramom flores, e o que fai basicamente é sobreescribir versións da rag/ilga, e para termos dúas normas galegas propón camuflar unha baixo escolla de afrikaans
http://linuxgalego.wordpress.com/201...noffice-org-3/

4.- por outra banda, sabe alguén como se pode reducir escolla de "locales" da cada lingua? p. ex. ao ter instalado o español, cando vou escoller lingua corrector nesta xanela de edición, sáeme unha listaxe con 20 localizacións español, se tamén teño inglés saen outras tantas, máis da lusofonía... faise un menú moi pouco práctico. quixera saber como se poden deixar só español de españa, ingles de reino unido, etc.



Forum The Ubuntu Forum Community Other Discussion and Support Ubuntu LoCo Team Forums LoCo Archive Galician LoCo Team Afinando dicionarios lusofonía Ubuntu 10.04


Ubuntu

Comments

Popular posts from this blog

How to decompile jsxbin to jsx

Gavik Photoslide GK2: Not able to upload photos - Joomla! Forum - community, help and support

Phoca Guestbook logger registret bruger af - Joomla! Forum - community, help and support